miércoles, 23 de diciembre de 2009

BOA RECADACIÓN


O día do festival de Nadal, montamos o noso rastrillo no cole. Estamos moi contentos, fixemos un total de 150 eurazos!!! (Xa están gardados na caixa forte do cole). Co que fagamos o día 3 no feirón de Miño e o que recaden no Castro da uz e en Arteixo... calculamos que será un bo inicio de trimestre para os nenos ex soldado de Modestine, que boa falta lles fai xa que este ano se incorporaron tamén ao seu coidado os nenos e nenas orfos por causa da sida.

Elas tres soíñas (Laura, Miriam e Cristina) foron as recadadoras! GRAZAS e grazas a todos os que comprastes: profes, pais, nais, avós, avoas... e algún que outro rapaz...
ESPERÁMOSVOS A TODOS O DOMINGO, 3 de xaneiro, NO FEIRÓN!
(Estaremos alí de 11 h. a 14 h.)

sábado, 12 de diciembre de 2009

PRÓXIMO RASTRILLO


Non esquezades que o día 3 e xaneiro teremos o rastrillo no pobo. Aínda queda tempo pero xa vedes que nos coincide coas vacacións de Nadal. Agora hai que estudar, que están aí os exames, pero enseguida temos que centrarnos coas cousas para vender e organizar o material. ¿QUEDAMOS O XOVES 17, no tempo do recreo? Pois vémonos ese día. E non esquezades que para o día 31 de xaneiro hai que ir facendo as postais para enviarlles aos nenos de Modestine.

jueves, 5 de noviembre de 2009

ALGUNHAS OPINIÓNS


¿Por que nos apuntamos os de 3º ESO aos talleres solidarios a favor dos nenos ex-soldado?
-Porque me gusta axudar aos demais (Carla)
-Porque creo que hai que axudar aos que o necesitan (David)
-Porque me dan pena os nenos "afrodisíacos" (é una broma que temos os de CuCa...) (Brais)
-Para axudalos e sacalos da miseria e das guerras (Alex)
...

Novas fichaxes

Ademais dalgúns que xa estabamos o ano pasado participando nos talleres solidarios en favor dos nenos ex soldado, uníronse este ano compañeiros-as de 3º A ESO. Mirade os que somos este curso:

4ºA:
Sara Díaz, Marina Grueiro, Laura Pérez, Cristina Ares, Andrea Montero

3ºA:
Beatriz Anido, Noemí González, Manuel Grueiro, Brais López, Fernando López, Diego López, Carla Rivera, Irene Valiño, Mª José Núñez, Silvia Blanco, Luísa Molina, Nerea López, Alejandro Pérez, Patricia Freire.

Xa temos os nomes

Xa temos 29 nomes de 29 nenos e nenas aos que coida Modestine e aos que
enviaremos a nosa axuda e as postais que fagamos o día da PAZ.