miércoles, 23 de diciembre de 2009

BOA RECADACIÓN


O día do festival de Nadal, montamos o noso rastrillo no cole. Estamos moi contentos, fixemos un total de 150 eurazos!!! (Xa están gardados na caixa forte do cole). Co que fagamos o día 3 no feirón de Miño e o que recaden no Castro da uz e en Arteixo... calculamos que será un bo inicio de trimestre para os nenos ex soldado de Modestine, que boa falta lles fai xa que este ano se incorporaron tamén ao seu coidado os nenos e nenas orfos por causa da sida.

Elas tres soíñas (Laura, Miriam e Cristina) foron as recadadoras! GRAZAS e grazas a todos os que comprastes: profes, pais, nais, avós, avoas... e algún que outro rapaz...
ESPERÁMOSVOS A TODOS O DOMINGO, 3 de xaneiro, NO FEIRÓN!
(Estaremos alí de 11 h. a 14 h.)

sábado, 12 de diciembre de 2009

PRÓXIMO RASTRILLO


Non esquezades que o día 3 e xaneiro teremos o rastrillo no pobo. Aínda queda tempo pero xa vedes que nos coincide coas vacacións de Nadal. Agora hai que estudar, que están aí os exames, pero enseguida temos que centrarnos coas cousas para vender e organizar o material. ¿QUEDAMOS O XOVES 17, no tempo do recreo? Pois vémonos ese día. E non esquezades que para o día 31 de xaneiro hai que ir facendo as postais para enviarlles aos nenos de Modestine.