domingo, 6 de marzo de 2011

UNS SENTIMENTOS...


Xa hai algún tempiño que non estamos por aquí. A verdade é que seguimos facendo cousas, pero... ando algo desanimada... OS-AS que me axudan non están moi interesados no tema, a verdade, se eu non insisto eles-elas esquéceno e as cousas non saen, non avanzan... Xa sei que é pedir demasiado, xa sei que o compromiso custa, xa sei, xa sei... pero... Igual é que eu estou algo cansa de máis e que me fallan as forzas e que non debería ... NON SEI...


Ben, coméntovos que hai algunhas persoas que seguen botando unha man a este compromiso e outras novas que se acaban de apuntar. Así que espero que entre todos-as poidamos montar un "feiracho" (palabra de Brais) antes de rematar o curso este.