lunes, 3 de mayo de 2010

Os nosos nenos ex soldado reciben con cariño as nosas postais


Modestine acaba de enviar estas fotos dos seus -e tamén nosos- nenos ex soldado. Conta no email que na foto hai moitos nenos, moitos máis dos que están na lista que nós temos no cole e da que sacamos os nomes para enviarlles as postais que con tanto cariño fixeron os nenos de 6ºA de Primaria e os de 3º e 4º da ESO, así como os rapaces de As Pontes. E di que hai moitos máis nenos porque todos querían saír na foto e todos querían ten nas súas mans as vosas postais. Ademais o número de nenos e nenas recollidos na súa escola aumentou moito este curso. Xa son 100 nenos e nenas ex soldado e orfos da sida os que teñen ao seu cargo, así que non podemos fallarlles, hai que traballar para conseguir máis cartiños cada vez. A nosa axuda é moi importante, recordádeo!!!
Fixádevos como esperan que o seu profe (na primeira foto) lles dea as vosas postais, como as miran e como as gardan nas súas mans!
Dentro de algúns días intentará mandarnos máis fotos, pero para iso ten que viaxar a Ruanda porque na RDCongo teñen moi malas conexións e moitos cortes de luz. Así que... teremos que seguir esperando para ver máis fotos e máis correos de Modestine.