domingo, 12 de diciembre de 2010

Chega o Nadal


E por estas datas, facemos o noso rastrillo no cole para poder enviar aos nenos ex soldado o recadado. Recordade: montaremos o posto no vestíbulo do cole o día da función de Nadal. Esperamos que todos e todas -pais, nais, avós, avoas, alumnado e profesorado do noso cole- compredes moitas cousas.
Vai un listado dos artículos que teremos:

-libretas grandes e pequenas

-calendarios escolares

-caixas "baleirapetos" recicladas

-cadros sobre madeira

-marcapáxinas "clásicos"

-bolsas sorpresa

-tarxetas de Nadal

-...

ANIMÁDEVOS, TRAEDE CARTIÑOS (todo é moi barato).

ESTARÉMOSVOS ESPERANDO!

lunes, 15 de noviembre de 2010

Estamos a traballar!


Marabilla da Antigüidade: Xardíns colgantes de Babilonia (debuxo de Uxía García)

Si, xa estamos a facer cousiñas para os rastrillos. De momento algúns e algunhas de 4º A están a facer caixas "baleirapetos", con cartón reciclado. Tamén imos comezar coas libretas, esta vez con portadas das marabillas da Antigüidade que debuxaron os alumnos e alumnas de CuCa. Hai outro grupo que traballa con fieltro para facer broches chulos. Esperamos que vos gusten e que COMPREDES MOITO EN NADAL!
Haxa salú!

miércoles, 22 de septiembre de 2010

NOVO CURSO, NOVAS "FICHAXES"


Aínda que algúns de nós somos os mesmos, este curso houbo novas incorporacións. Velaquí os que somos e estamos, comprometidos-as para traballar cos nosos nenos ex soldado (cando Modestine envíe os nomes, escribirémolos tamén neste blog):
Brais López
Katy Sagarduy
Sara Vázquez
Irene Taracido
Miguel Forcelledo
Elsa Allegue
Sofía Amado
Tamara Bello
Alba González
Beatriz Anido
Verónica Fachal
Laura Lorenzo
Fernando López
Mª José Núñez
Antía Paz
Uxía García
Diego López
Manuel Amado
Patricia Freire
Silvia Blanco
Nerea López

En próximas reunións irémosvos contando máis cousas. Ata pronto!

miércoles, 7 de julio de 2010

Envío de fin de curso


Coma todos os anos, tamén este fixemos o envío dos cartos para Modestine. Aí vai o que vos conta Marina (meu deus, canto a vou botar de menos!!!):

"Hoxe Begoña e Antón foron a correos e entregaron os ultimos cartiños deste curso, despois dun rastrillo, a venda da revista e a colaboración de As Pontes por suposto, conseguimos enviarlle a Modestine UN TOTAL DE 638,49 DÓLARES (algo menos en euros, xa sabedes, podería ser máis pero xa vedes, a crise está en todas partes...
Isto foi todo o que conseguimos neste ano de traballo, xunto co que mandamos despois do Nadal!
Aínda que podería ser moito mais por ser para unha boísima causa da que estamos tan orgullos-as, GRAZAS a todos !aínda que só mercarades unha revistiña, 1,50(ben barata!!!). Iso que para nós é pouquiño, para eles significa moito!
Eu, pido desde aquí:
-primeiro, que sigades contando comigo para facer rastrillos ou o que faga falta que ainda que estea lonxe, encantaríame colaborar (xa levo tres anos facéndoo), e
-segundo, pedirvos por favor a todos os que pasades a 4º e a 3º que colaboredes, que traballedes, e que o fagades sen esquecer o que con ese traballo conseguimos: Con ilusión e con esforzo pódense facer moitas cousas.
Nós temos unha gran oportunidade para axudar a eses pequenos, non a desaproveitedes, ir a correos e ver tantos cartiños xuntos, recibir cartas de Modestine agradecéndonos o que facemos, os sorrisos dos nenos ao recibir as postais... TODO iso todo non ten prezo!!!
Dende aquí toda a miña sorte e pedirvos colaboración para que isto siga funcionando así, ou mellor!
Un bico! E grazas a todos (en especial a Begoña por darme a oportunidade de colaborar en todo isto e porque por moito que as cousas se compliquen -e ás veces complícanse, dígovolo eu...-, non se rende!)GRAZAS!"

domingo, 20 de junio de 2010

Máis cartiños


Xa temos algúns cartiños máis para enviar aos nenos ex soldado. Hoxe fixemos o rastrillo de fin de curso e recadamos 140 euros. Non é moito, pero... algo é algo. Esperemos ter máis sorte para o próximo. A todos-as GRAZAS!

martes, 15 de junio de 2010

NOVO RASTRILLO


O sábado, 20 de xuño, a partir das 11 h., faremos un rastrillo na vila. Como os dous anos anteriores, o concello (grazas Begoña e grazas Cris pola axuda que nos dades) préstanos unha das súas "casetas" para poder levalo a cabo. Venderemos cousas feitas polos alumnos-as do CPI Castro Baxoi e do IES Castro da uz de As Pontes e tamén agasallos donados por amigos-as. Esperamos que acudades con cartiños para poder enviar máis diñeiro aos "nosos" nenos ex-soldado. Faremos o envío xuntamente cos cartos recadados pola venda da nosa revista "Dtodo".
Animádevos e vinde mercar!!!

lunes, 3 de mayo de 2010

Os nosos nenos ex soldado reciben con cariño as nosas postais


Modestine acaba de enviar estas fotos dos seus -e tamén nosos- nenos ex soldado. Conta no email que na foto hai moitos nenos, moitos máis dos que están na lista que nós temos no cole e da que sacamos os nomes para enviarlles as postais que con tanto cariño fixeron os nenos de 6ºA de Primaria e os de 3º e 4º da ESO, así como os rapaces de As Pontes. E di que hai moitos máis nenos porque todos querían saír na foto e todos querían ten nas súas mans as vosas postais. Ademais o número de nenos e nenas recollidos na súa escola aumentou moito este curso. Xa son 100 nenos e nenas ex soldado e orfos da sida os que teñen ao seu cargo, así que non podemos fallarlles, hai que traballar para conseguir máis cartiños cada vez. A nosa axuda é moi importante, recordádeo!!!
Fixádevos como esperan que o seu profe (na primeira foto) lles dea as vosas postais, como as miran e como as gardan nas súas mans!
Dentro de algúns días intentará mandarnos máis fotos, pero para iso ten que viaxar a Ruanda porque na RDCongo teñen moi malas conexións e moitos cortes de luz. Así que... teremos que seguir esperando para ver máis fotos e máis correos de Modestine.