Modestine escribiunos un mail contándonos que xa recolleu os cartiños e dándonos as grazas. Vai:
"Chère Begona, bonjour, j' accuse reception de l' argent que vous avez envoyé et nous vous remercions beaucoup, je vais passer à la poste la semaine prochaine pour voir si les cartes sont déjà arrivées et faire tout ce que vous avez demandé, merci et au plaisir;je vous aime bien. Modestine Lweso Bahati."
miércoles, 17 de febrero de 2010
viernes, 5 de febrero de 2010
Estivemos en Correos!
Preme no bus e poderás ver o videoclip de Ska-P coa canción dedicada aos nenos soldado.Un ano máis as colaboradoras a favor dos nenos ex-soldado da R.D.C ( neste caso Andrea, Marina e Sara ) xunto coa nosa mestra, Begoña, fumos a Correos a entregar os cartiños que pronto lle chagarán a Modestine. Nestas épocas fanlles moita falta os cartos por iso aínda que teñamos que facer dous envíos, cremos oportuno facelo nestas datas. Sacando os gastos de envío, mandámoslle a Modestine ¡¡ 844,30 $ !! Esperamos que o ano que ven os nosos sucesores fagades tan bo traballo como nós, e que segades tendo a axuda do colexio de As Pontes, grazas.
un bico
Mariña,Andrea e Sara.
sábado, 30 de enero de 2010
Cartos e postais para a RDCongo
.jpg)
Postais escritas polo alumnado de 3º e 4º ESO e debuxadas polos pequechos de Infantil 5 anos.
O venres faremos o envío dos cartos recadados entre o noso cole e o IES Castro da uz (As Pontes): un total de 679 euros, conseguidos nos rastrillos do cole e tamén no da vila. Grazas a todos! Os nenos ex soldado e os orfos da SIDA poñeranse moi contentos. Tamén enviaremos as postais que fixemos para o día da Paz. Este ano enviaremos moitas xa que, ademais das de sempre -as nosas e as dos nenos e nenas do Castro da uz- tamén se sumaron os nenos e nenas de 6ºA de Primaria do noso cole.
jueves, 14 de enero de 2010
Día do rastrillo!
Un ano máis,reunímonos no feirón do pobo co noso posto(da feira das cebolas,moi cutre jaja)para vender ás nosas artesanías(atrapasoños,revistas de cole,pedras,mandalas..etc etc) e outras cousas varias(pendentes,colares,bolsas sorpresa...)A xente non estaba moi pola labor que digamos..ata tivemos que esperar alí sentadiños a que saíra a xente da misa, e nin así macho!...en fin...jaja!A intención é o que conta,non é así?En total,a trancas e a barrancas, dimos conseguido 400 euriños..non está mal..!:D
Esperamos que no próximo rastrillo a xente esteña máis animada..!Xa non é por nós,senón polos nenos ex-soldado!
Grazas!
Sara e Andrea!
Esperamos que no próximo rastrillo a xente esteña máis animada..!Xa non é por nós,senón polos nenos ex-soldado!
Grazas!
Sara e Andrea!
domingo, 3 de enero de 2010
RASTRILLO NO POBO

SODES UNS CAMPIÓNS!!!
A recadación de hoxe no rastrillo do pobo foi de 250 eurazos!!! Estou moi orgullosa do voso comportamento e do ben que traballastes, así que aproveito este blog para darvos as grazas. Sei que Modestine e os nenos ex soldado se poñerán moi contentos. Sabedes o que supoñen para eles estes cartiños que lles enviamos? Fixádevos: con 15 dólares compran roupa e calzado para cada un dos nenos ex soldado durante un curso escolar; que os pais (os que os teñen) contribúen con 5 dólares por neno durante 10 meses; que con 21 dólares manteñen un neno durante un trimestre (mirade un dos recibos que enviou).
Un euro= 0.68 dólares aproximadamente, xa volo poño porque sei que preguntaredes :-)

En xaneiro faremos outro rastrillo no cole para celebrar o día da Paz e xuntaremos todo o recadado para facerlle o primeiro envío a Modestine.
Grazas, grazas e grazas! Sen vós non se podería facer nada disto!
viernes, 1 de enero de 2010
Correo-e de Modestine

Este debuxo envíanolo un neno ex-soldado e isto é o que nos di Modestine, veña a traducir e animádevos para conseguir moitos cartos o día 3 no feirón do pobo:
Chère Begona;bonjour; juste pour vous presenter nos voeux les meilleurs à vous ainsi qu' à vos élèves pour cette oeuvre combien caritative et humanitaire que vous faites pour ces enfants vulnérables; il faut le dire a tout le monde que votre contribution est d' une valeur inestimable aux yeux de ces enfants et nous vous remercions beaucoup. Je vous embrasse. MERCI. Modestine Lweso Bahati
miércoles, 23 de diciembre de 2009
BOA RECADACIÓN

O día do festival de Nadal, montamos o noso rastrillo no cole. Estamos moi contentos, fixemos un total de 150 eurazos!!! (Xa están gardados na caixa forte do cole). Co que fagamos o día 3 no feirón de Miño e o que recaden no Castro da uz e en Arteixo... calculamos que será un bo inicio de trimestre para os nenos ex soldado de Modestine, que boa falta lles fai xa que este ano se incorporaron tamén ao seu coidado os nenos e nenas orfos por causa da sida.
Elas tres soíñas (Laura, Miriam e Cristina) foron as recadadoras! GRAZAS e grazas a todos os que comprastes: profes, pais, nais, avós, avoas... e algún que outro rapaz...
ESPERÁMOSVOS A TODOS O DOMINGO, 3 de xaneiro, NO FEIRÓN!
(Estaremos alí de 11 h. a 14 h.)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)