domingo, 20 de junio de 2010

Máis cartiños


Xa temos algúns cartiños máis para enviar aos nenos ex soldado. Hoxe fixemos o rastrillo de fin de curso e recadamos 140 euros. Non é moito, pero... algo é algo. Esperemos ter máis sorte para o próximo. A todos-as GRAZAS!

martes, 15 de junio de 2010

NOVO RASTRILLO


O sábado, 20 de xuño, a partir das 11 h., faremos un rastrillo na vila. Como os dous anos anteriores, o concello (grazas Begoña e grazas Cris pola axuda que nos dades) préstanos unha das súas "casetas" para poder levalo a cabo. Venderemos cousas feitas polos alumnos-as do CPI Castro Baxoi e do IES Castro da uz de As Pontes e tamén agasallos donados por amigos-as. Esperamos que acudades con cartiños para poder enviar máis diñeiro aos "nosos" nenos ex-soldado. Faremos o envío xuntamente cos cartos recadados pola venda da nosa revista "Dtodo".
Animádevos e vinde mercar!!!

lunes, 3 de mayo de 2010

Os nosos nenos ex soldado reciben con cariño as nosas postais


Modestine acaba de enviar estas fotos dos seus -e tamén nosos- nenos ex soldado. Conta no email que na foto hai moitos nenos, moitos máis dos que están na lista que nós temos no cole e da que sacamos os nomes para enviarlles as postais que con tanto cariño fixeron os nenos de 6ºA de Primaria e os de 3º e 4º da ESO, así como os rapaces de As Pontes. E di que hai moitos máis nenos porque todos querían saír na foto e todos querían ten nas súas mans as vosas postais. Ademais o número de nenos e nenas recollidos na súa escola aumentou moito este curso. Xa son 100 nenos e nenas ex soldado e orfos da sida os que teñen ao seu cargo, así que non podemos fallarlles, hai que traballar para conseguir máis cartiños cada vez. A nosa axuda é moi importante, recordádeo!!!
Fixádevos como esperan que o seu profe (na primeira foto) lles dea as vosas postais, como as miran e como as gardan nas súas mans!
Dentro de algúns días intentará mandarnos máis fotos, pero para iso ten que viaxar a Ruanda porque na RDCongo teñen moi malas conexións e moitos cortes de luz. Así que... teremos que seguir esperando para ver máis fotos e máis correos de Modestine.

martes, 27 de abril de 2010

CHEGARON AS NOSAS POSTAIS


Os nenos de Modestine recibiron hai uns días as nosas postais. Este é o correo-e que nos enviou. Veña, a traducir e a esperar a que nos envíe as fotos prometidas:

Chere Begona, bonjour
juste pour te souhaiter une bonne fête de Pâques et t'informer aussi que je viens de recevoir les cartes postales aujourd'hui, nous vous remercions beaucoup pour tout, mais il se fait que les enfants ont commencés les vacances de pâques le samedi cause pour la quelle nous allons vous envoyer cette fois ci les photos des élèves avec les cartes quand ils vont revenir des vacances, merci et au plaisir.je vous aime bien .merci

jueves, 1 de abril de 2010

Un novo periódico dixital


Un xornal que paga a pena: www.periodismohumano.com. Nel atoparedes, entre outras moitas noticias, unha crónica sobre as "INVISIBLES NENAS SOLDADO NA RDCONGO". Lede para coñecer algo máis da súa triste situación.

lunes, 1 de marzo de 2010

Os libros de Modestine

Escribiunos un mail para participar no noso concurso "E nós que lemos?" . Nel cóntanos o que máis lle gusta ler:
"J'aime lire tout ce qui a trait aux droits des enfants ainsi qu' aux droits de la femme pour que ces droist deviennent une realité".



miércoles, 17 de febrero de 2010

GRAZAS DE MODESTINE

Modestine escribiunos un mail contándonos que xa recolleu os cartiños e dándonos as grazas. Vai:

"Chère Begona, bonjour, j' accuse reception de l' argent que vous avez envoyé et nous vous remercions beaucoup, je vais passer à la poste la semaine prochaine pour voir si les cartes sont déjà arrivées et faire tout ce que vous avez demandé, merci et au plaisir;je vous aime bien. Modestine Lweso Bahati."