miércoles, 23 de diciembre de 2009

BOA RECADACIÓN


O día do festival de Nadal, montamos o noso rastrillo no cole. Estamos moi contentos, fixemos un total de 150 eurazos!!! (Xa están gardados na caixa forte do cole). Co que fagamos o día 3 no feirón de Miño e o que recaden no Castro da uz e en Arteixo... calculamos que será un bo inicio de trimestre para os nenos ex soldado de Modestine, que boa falta lles fai xa que este ano se incorporaron tamén ao seu coidado os nenos e nenas orfos por causa da sida.

Elas tres soíñas (Laura, Miriam e Cristina) foron as recadadoras! GRAZAS e grazas a todos os que comprastes: profes, pais, nais, avós, avoas... e algún que outro rapaz...
ESPERÁMOSVOS A TODOS O DOMINGO, 3 de xaneiro, NO FEIRÓN!
(Estaremos alí de 11 h. a 14 h.)

6 comentarios:

Constan dijo...

Estou de acordo con isto que se esta a facer polos nenos porque asi axudamolos a ter un nivel e unhas condicións de vida moito mellores.

Fran dijo...

Está moi ben facer eso polos nenos soldado e hai que facer o que estea da nosa man por axudarlles.

miriam dijo...

para publicar unha foto hai que pedir permiso antes,aviso...

Cris dijo...

É unha boa maneira de enviarlles cartos pero a verdades é que nos aburrimos un puoquiño alí toda a maña.

Tamén hai que nimbrar a Fran e a Pablo que viñeron uns minutiños a axudarno a vender...


(a foto non vale pra nada)

un biko

Anónimo dijo...

q wapa mirian

Begoña dijo...

Miriam: non esquezas que os permisos se piden a principios de curso!