domingo, 3 de enero de 2010

RASTRILLO NO POBO


SODES UNS CAMPIÓNS!!!
A recadación de hoxe no rastrillo do pobo foi de 250 eurazos!!! Estou moi orgullosa do voso comportamento e do ben que traballastes, así que aproveito este blog para darvos as grazas. Sei que Modestine e os nenos ex soldado se poñerán moi contentos. Sabedes o que supoñen para eles estes cartiños que lles enviamos? Fixádevos: con 15 dólares compran roupa e calzado para cada un dos nenos ex soldado durante un curso escolar; que os pais (os que os teñen) contribúen con 5 dólares por neno durante 10 meses; que con 21 dólares manteñen un neno durante un trimestre (mirade un dos recibos que enviou).
Un euro= 0.68 dólares aproximadamente, xa volo poño porque sei que preguntaredes :-)

En xaneiro faremos outro rastrillo no cole para celebrar o día da Paz e xuntaremos todo o recadado para facerlle o primeiro envío a Modestine.
Grazas, grazas e grazas! Sen vós non se podería facer nada disto!

3 comentarios:

Anónimo dijo...

alegrome moitisimo de que ó final isto dera resultado...250 o final??aiaiai...o de Andrea non son as Matematicas pero neste caso...alegrome de que se equivocara!!
un bico!
marina

Andrea dijo...

Jajaja marina que graciosiña...=)pois si! a verdade aledome de que me equivocara! é que.. somos xeniais! jaja
bico grande!
andrea

Cris dijo...

Somos os mellores 250 eurosss!!!!

Pero bueno o ano pasado gañamos máis, ainda que non importa porque esto valelles de moito.


bikiños