miércoles, 7 de julio de 2010

Envío de fin de curso


Coma todos os anos, tamén este fixemos o envío dos cartos para Modestine. Aí vai o que vos conta Marina (meu deus, canto a vou botar de menos!!!):

"Hoxe Begoña e Antón foron a correos e entregaron os ultimos cartiños deste curso, despois dun rastrillo, a venda da revista e a colaboración de As Pontes por suposto, conseguimos enviarlle a Modestine UN TOTAL DE 638,49 DÓLARES (algo menos en euros, xa sabedes, podería ser máis pero xa vedes, a crise está en todas partes...
Isto foi todo o que conseguimos neste ano de traballo, xunto co que mandamos despois do Nadal!
Aínda que podería ser moito mais por ser para unha boísima causa da que estamos tan orgullos-as, GRAZAS a todos !aínda que só mercarades unha revistiña, 1,50(ben barata!!!). Iso que para nós é pouquiño, para eles significa moito!
Eu, pido desde aquí:
-primeiro, que sigades contando comigo para facer rastrillos ou o que faga falta que ainda que estea lonxe, encantaríame colaborar (xa levo tres anos facéndoo), e
-segundo, pedirvos por favor a todos os que pasades a 4º e a 3º que colaboredes, que traballedes, e que o fagades sen esquecer o que con ese traballo conseguimos: Con ilusión e con esforzo pódense facer moitas cousas.
Nós temos unha gran oportunidade para axudar a eses pequenos, non a desaproveitedes, ir a correos e ver tantos cartiños xuntos, recibir cartas de Modestine agradecéndonos o que facemos, os sorrisos dos nenos ao recibir as postais... TODO iso todo non ten prezo!!!
Dende aquí toda a miña sorte e pedirvos colaboración para que isto siga funcionando así, ou mellor!
Un bico! E grazas a todos (en especial a Begoña por darme a oportunidade de colaborar en todo isto e porque por moito que as cousas se compliquen -e ás veces complícanse, dígovolo eu...-, non se rende!)GRAZAS!"

1 comentario:

Marina dijo...

E pensar que este pode ser(seguramente sexa)o meu ultimo texto neste blog:( a verdade, os vou botar moitisisimo de menos, a todos, por suposto a uns mais que a outros!
Pidovos por favor, que me fagades caso e que colaboredes xa que eu, intentarei seguir facendoo pero pola distancia, nada sera igual.
Moitas grazas unha vez mais e sorte, moitisima sorte!