domingo, 6 de marzo de 2011

UNS SENTIMENTOS...


Xa hai algún tempiño que non estamos por aquí. A verdade é que seguimos facendo cousas, pero... ando algo desanimada... OS-AS que me axudan non están moi interesados no tema, a verdade, se eu non insisto eles-elas esquéceno e as cousas non saen, non avanzan... Xa sei que é pedir demasiado, xa sei que o compromiso custa, xa sei, xa sei... pero... Igual é que eu estou algo cansa de máis e que me fallan as forzas e que non debería ... NON SEI...


Ben, coméntovos que hai algunhas persoas que seguen botando unha man a este compromiso e outras novas que se acaban de apuntar. Así que espero que entre todos-as poidamos montar un "feiracho" (palabra de Brais) antes de rematar o curso este.

2 comentarios:

Irene T. dijo...

Bego, que nós 3ºB estamos dispostos a axudarvos a facer traballos e cousas para o "feiracho" e así poder conseguir mais cartos.
un bicoo

Anónimo dijo...

COMOOOOOOOO???? como que a xente está desinteresada???? estarán de broma, non??? Qué é iso de esquecer o tema??? Está claro que a xente é ben parva, senon,é que non o entendo... Claro está que ti, Bego, deixas a pel en todo o que fas, e que a xente non o saiba valorar e pase de todo, é de ser ben de burros!!!
Xa sabes que de todos nos sempre vas ter axuda e o que faga falla ( creo que xa non fai falla que o diga ) , e se por ahí a xente anda algo "despistada" , non dudes que imos nos por ahí a poñer as pilas ben postas!
Biquiño,
ANDREA MONTERO