Hola compañeir@s!!! Como sabedes, o diñeiro recadado nos rastrillos enviamosllo ós nenos exsoldado do RDCongo. Este ano, os alumnos de 4º (Irene, Adrián, Miguel e Fer) fomos levar os cartos a correos con Begoña. Tamén fixemos o envío dun agasallo moi especial, unhas grullas feitas por todo o cole, que voaron cara a Hiroshima co noso desexo de que rematen as guerras.
En total recadáronse 481'65 dólares!!! Seguro que os nenos deben estar ben contentos...
No hay comentarios:
Publicar un comentario