domingo, 2 de enero de 2011

FEIRACHO na vila


Por fin chegou o día do feiracho, como lle chama Brais... :-) E hoxe recadamos algo máis de 190 euros, así que grazas!!! Grazas coma sempre a:
-os que comprastes,
-os que estivestes aí axudando coma sempre: Claudia, José Ramón (sodes un encanto), Andrea, Marina e Sara (incondicionais),
-a todos os que axudades este ano: Juan, Manuel G., Fer, María José (a máis puntual!!), Carla, Irene (a gran vendedora de bolsas sorpresa), Silvia, Nerea, Alex, Patri (repartidoras de propaganda), Iván P., e tamén a Adrián e Forcelledo -dous grandes vendedores "a domicilio"-.
-Por suposto grazas ao pai de Claudia que nos regalou uns caxatos para vender.

Teremos que comezar a traballar porque agora xa queda moi pouco, así que poñédevos as pilas!!!

12 comentarios:

Marina dijo...

É xenial ver os resultados do traballo ben feito. Alégrome moito de que estedes traballando tanto, mereceno.
Un bico moi forte e vémonos a proxima :)
Marina.

Irene T. dijo...

Marina ten razón. Xa que eu non puiden estar ali, alégrome moito de que estea saíndo ben, e a próxima vez ei de estar alí axudandovos.
Un bico

Patri dijo...

Saiu todo ben, pero a crisis notase eh! Pero ainda así notase que para unha boa causa a xente colabora !
Un bico!

Silvia dijo...

Ainda que foi menos exitoso que o do cole, tamén estivo moi ben ^^
Un bicoo :D

Alex dijo...

Ten razón Silvia, o do cole arrasou, jaja, pero este tamén estivo bastante ben :)
Unha aperta.

brais lopez dijo...

¿Que fixechedes o feiracho a traición sen min?

Begoña dijo...

Brais: NON ME ENCENDAS!!! Ves como te tes que centrar para darte conta do que pasa??? Puxemos carteis polo cole, falamos en clase, houbo carteis pola vila... !!!
(Entre ti e eu, si que te botamos de menos...)
CÉNTRATE!!!

Tamara dijo...

Vale, Bego, que nin te acordas de min eh, xa te vale... Para próxima nin o mercadillo irei..Bo..
Un biquiño :)

Begoña dijo...

Tamara, corazón: esquecinme de ti? Síntoo, a verdade é tampouco vos vin moito, como andabades "toleando" pola vila adiante coas bolsas sorpresa, a propaganda e demais... Prometo nomearte a próxima vez A PRIMEIRA!!! Así que non nos falles...
:-)

Juan Picos dijo...

Molou bastante, hai que dicilo, pero a próxima vez, no verán, venderemos aínda moito máis e ós pobres nenos ex-soldado chegaranlles aínda máis cartos gracias a todo o traballo que estamos facendo TODOS.
Pd:Eu tamén quero ser un encanto...

Begoña dijo...

Ai, Juanciño, aínda me fixeches rir!!!

Adrian dijo...

Begoña, tes que facer outro feiron como o de nadal eh, jajaja foi entretido e o pasamos ben, bueno solo veño a firmar, para que despois non te quiexes..... jaja

un saludo!! :)