
Por fin chegou o día do feiracho, como lle chama Brais... :-) E hoxe recadamos algo máis de 190 euros, así que grazas!!! Grazas coma sempre a:
-os que comprastes,
-os que estivestes aí axudando coma sempre: Claudia, José Ramón (sodes un encanto), Andrea, Marina e Sara (incondicionais),
-a todos os que axudades este ano: Juan, Manuel G., Fer, María José (a máis puntual!!), Carla, Irene (a gran vendedora de bolsas sorpresa), Silvia, Nerea, Alex, Patri (repartidoras de propaganda), Iván P., e tamén a Adrián e Forcelledo -dous grandes vendedores "a domicilio"-.
-Por suposto grazas ao pai de Claudia que nos regalou uns caxatos para vender.
Teremos que comezar a traballar porque agora xa queda moi pouco, así que poñédevos as pilas!!!